VOLVER A PAGINA PRINCIPAL

CABO FISTERRA

 

 

 

 

O faro foi construído en 1853. A torre mide 17 metros e a súa luz, situada a 143 metros sobre o nivel do mar, alcanza máis das 30 millas naúticas.

Sen dúbida o máis emblemático dos cabos do litoral galego. Constituído por unha península que se penetra no mar 3 Km. A torre, feita de cantería, é de base octogonal, e acaba nunha cornixa sobre a que se apoia a balconada. Encima está a bóveda, cunha lanterna poligonal. O feito de que esta punta fose o "Finis Terrae" para os antigos fixo que nacesen contorna a ela unha serie de lendas. Hai autores que identifican o cabo Fisterra co antigo Promontorio Nerio dos geógrafos romanos, outros sitúan neste lugar ao Ara Solís, na que se practicaba culto celta ao Sol. Hai cerca do lugar unha serie de pedras vinculadas a lendas relixiosas: as pedras santas, as pedras manchadas de viño, a cadeira de pedra, a tumba de Orcabella, etc.

 

Free counter and web stats