VOLVER A PAGINA PRINCIPAL

CABO TOURIÑAN

 

Esta punta, xunto coa do Cabo A Nave, situado preto de Fisterra, son as máis occidentais de Galicia. A orixe deste topónimo pode proceder da partícula prerromana tor, que significa monte ou lugar elevado.


O Cabo Touriñán forma unha pequena península de forma rectangular de 2 kms. de longo e uns 250 m de ancho, na súa parte máis estreita. A vexetación apenas existe, reducíndose a pequenas formacións almohadilladas de toxos e brezos, sobre a que destacan os peñascos graníticos que adquiren formas curiosas.


O litoral que bordea a península presenta unha morfología moi accidentada, no que abundan os cantiis con pronunciadas pendentes e restingas de pedras que penetran no mar, convertendo esta zona nunha das máis perigosas de toda a nosa costa.


En pártea oeste atópase A Insua ou Castelo, illote ao que se pode pasar de marea baixa. Cara ao norte, mirando ao Vilán, están os baixos da Gavoteira e Os Buxerados, que penetran no mar máis de 300 m e constitúen unha trampa para a navegación.


Pero o maior perigo está no Farelo, Galluda ou Laxe de Touriñán, baixo situado a tres cuartos de milla cara ao oeste, onde se produciron numerosas catástrofes mariñas.

Free counter and web stats