| VOLVER A PAGINA PRINCIPAL |
PORTO DE BURELA

Burela é unha localidade costeira da provincia de Lugo en Galicia (España). O seu porto é un dos máis importantes da costa galega, cunha gran flota pesqueira. A poboación creceu considerablemente nos últimos anos do século XX. A súa economía baséase principalmente na pesca, destacando a pesca da pescada e do bonito. Como consecuencia desta actividade desenvolveuse tamén a industria conserveira de gran calidade. Ademais disto conta tamén con cerámicas, estaleiros e serrerías.

Lugares de interes
Barrio do Cantiño.
Zona residencial que conta coas praias do Cantiño, Areoura e a praia dos Alemás,
un paseo marítimo cun zona de lecer (parque, zona de grelladas,...).
A Marosa.
Conta coa praia da Marosa, as instalacións deportivas da S.D. Burela e un paseo
marítimo.
O Portelo.
Praia en pleno centro urbano da poboación. Unida coa Marosa polo paseo marítimo
anterior. Está pegada a unha pequena cala chamada O Cabaliño. Entre A Marosa e O
Cabaliño sitúase outra pequena cala chamada Praia de Ril.
O Castelo.
Zona de recreo situada na cima do monte O Castelo. Conta cun campo de tiro, unha
ermida e un miradoiro con magnificas vistas.
Igrexa de Vila do Medio
con pinturas murais que datan da idade media.
Porto pesqueiro. Un dos mais importantes de Galicia.
Asentamento Celta Chao de
Castro, próximo ao paseo
marítimo que une as praias da Marosa e O Portelo.
Zona xeolóxica do Perdouro.
