VOLVER A PAGINA PRINCIPAL

 

PORTO DE CAMARIÑAS

 

 

 

 

 

O porto pesqueiro e deportivo de Camariñas atópase no centro da Costa da Morte, ocupando unha península que pecha polo norte a ría do seu nome. É ademais un punto moi resgardado nunha zona complicada para a navegación con mal tempo. A vila de Camariñas é un punto de referencia turística moi coñecido polo seu encaixe de palillos que supón un testemuño excepcional da supervivencia das artes e oficios populares que permanece practicamente nos seus contextos orixinais. Puntos de interese na zona son: a Igrexa de San Xurxo, a Ermida da Virxe do Monte, o Cemiterio dos Ingleses (en Xaviña), e o Faro de Cabo Vilán. O litoral que rodea o faro, o Mar de Reira, está conformado por praias limpas e bravas, sempre azoutadas pola resaca

  

Free counter and web stats