| VOLVER A PAGINA PRINCIPAL |
PORTO DE CAMELLE


O pobo de Camelle emerxe dun posible asentamento de mariñeiros vascos que andaban na procura de baleas, no século XVIII pertenceu ós Condes de Altamira, cunha ducia de casas e a capela de culto ó Espírito Santo. Vinculado desde sempre ó mar, no século XIX e co auxe do sector pesqueiro, empresarios cataláns ergueron diferentes salgadeirías adicadas á sardiña e ó congro, xunto co establecemento dunha estación de salvamento marítimo e o desguace de barcos afundidos, sendo a pedra do porto un punto fatídico da Costa da Morte onde bateron os barcos: Boris Scheboldaef, Natalia e Yeoman.
