| VOLVER A PAGINA PRINCIPAL |
CORRUBEDO



Complexo dunar de Corrubedo e as
lagoas de Carregal e Vixán
O espacio natural, que se encontra dominado pola imponente figura da gran duna
móbil, acolle nos seus límites unha gran variedade de hábitats e de fermosas
paisaxes, todo distribuído ó longo das súas case 1.000 ha de superficie.
Limita, no seu extremo norte, cun amplo cerco costeiro de praia, de
aproximadamente 4 km de lonxitude, moi apreciado e visitado por veciños e
turistas. Cérrano nos seus dous extremos senllos acantilados rochosos.
Cara ó interior esténdese o complexo dunar, a ampla chaira areosa e as lagoas e
marismas que colmataron e cerraron de forma natural o que antigamente era unha
baía, roubada ó mar.
Tralo complexo dunar encontramos unha marisma constantemente influída polas
mareas e atravesada por pequenas canles e dúas lagoas, unha de auga salgada (Carregal)
e outra, máis ó sur, de auga doce (Vixán).
O espacio complétase con
pequenos núcleos de poboación e as súas respectivas zonas de influencia,
cultivos, bosques de
piñeiro, praderías, etc.
