| VOLVER A PAGINA PRINCIPAL |
PORTO DE MALPICA
O concello de Malpica de Bergantiños está localizado ó noroeste da provincia da Coruña, na comarca de Bergantiños, na mítica e afamada Costa da Morte. Á beira do Océano Atlántico, co que linda na súa parte Norte e sobre o que cimenta a súa costa de Oeste a Leste, desde o Monte Nariga ata a Punta de Razo, extremo occidental do areal de Baldaio (Carballo). No medio desta liña de costa, sobresae o Cabo de Santo Hadrián, fronte ó cal se erguen as illas Sisargas. o seu principal porto pesqueiro é o da capital, Malpica de Bergantiños, adicado fundamentalmente a pesca de baixura e marisqueo.




