VOLVER A PAGINA PRINCIPAL

 

PORTO DE O BARQUEIRO

 

 

O porto do Barqueiro atópase no termo municipal de Mañón. Este concello forma unha estreita e longa franxa de terreo entre as provincias de Lugo e A Coruña, ocupando a vertente occidental do río Sor, que marca o límite entre ambas provincias.
O Barqueiro é un fermoso e pequeno pobo mariñeiro cuxo nome provén do barqueiro que transportaba persoas e mercancías dun ao outro lado da ría ata a construción da ponte. As súas casas brancas abrigan un pequeno porto (de finais do século XIX) que en tempada estival é o destino de numerosos turistas. É unha das estampas máis típicas e representativas do litoral setentrional galego. Aquí ademais se pode ver a ponte metálica sobre a ría do Barqueiro, ousada obra de enxeñería na súa época e hoxe case emblemática.

Free counter and web stats