| VOLVER A PAGINA PRINCIPAL |
PORTO DE PORTONOVO

Portonovo atópase na mesma enseada que Sanxenxo,
municipio ao que pertence. É o primeiro porto que atopamos na costa norte da Ría
de Pontevedra. Porto pesqueiro e deportivo, dispón de abundantes servizos para o
navegante que pode realizar no seu porto calquera reparación que precise.
Portonovo é unha zona turística e de veraneo de grande importancia. Nos seus
arredores podemos gozar de fermosas praias como Silgar, Baltar, Caneliñas,
Montalvo, Foxos ou A Lanzada.
Resultan de interese os conxuntos arquitectónicos civís e relixiosos de Adina,
Nantes, Padriñán, Bordóns e Gondar. Neste municipio abundan restos arqueolóxicos
do Paleolítico, por exemplo a biface acheulense de Randulfe e unha serie de
mámoas que van desde a Punta de Montalvo ata o Faro de Noalla.